Petróleo Padín non atopou nin amor nin fortuna nas Américas. A longa
viaxe emprendida dende Laza a Montevideo mareoulle a alma e confundiulle
a sorte. Sen traballo, sen amigos, sen alento, arrastrou o seu corazón
polas dúas ribeiras de Río de la Plata, pola pampa, pola
selva, polo olvido. Morreu dúas veces, enterrárono unha, gracias aos
cartos dun home piadoso que non quería na súa conciencia o peso daquel
desdichado emigrante. Á terceira atopárono morto, cos petos cheos de
terra da súa terra, posta na cara unha careta de peliqueiro, pintada
nela a imaxe dun barco, maldito, da Compañía Transatlántica de Viajeros.
Israel Rodríguez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario